Blog

Pasen e lean. Día do libro.

Este domingo, 23 de Abril, celébrase o día Internacional do Libro.

Para festexalo, a Concellería de Cultura do Concello de Pontevedra e 11 librarías da cidade, pasaremos o día na praza da Ferrería entre libros e actividades , para nenos e grandes.

6cd7ddd0bf3a590f82f367938469eda8

Abre ás 11  / Pecha ao mediodía/ volve a abrir ás 17

Programa de actividades

12.00 horas – Contacontos a cargo de Raquel Queizás Presentará “Cocorocó”, un espectáculo de narración oral no que se empregan obxectos, monicreques, debuxos e interación co público. “Cocorocó” é un berro de loita contra as inxustizas, que fai pensar, respectar e valorar a quen é diferente a nós para defender a diversidade. Este espectáculo é unha homenaxe ao libro “A Galiña Azul” de Carlos Casares.

13.00 horas – Sesión Vermú musical coa actuación da LiliCleta.

Un triciclo de 1966 reciclado e transformado nunha retro-discoteca-cine ambulante. Un escenario de imaxes e son a pedales, singular, chamativo, entrañable, ecolóxico e para todos os públicos.

17.30 horas – Contacontos a cargo de Polo Correo do Vento Este dúo pontevedrés especializado en actividades lúdicas dirixidas ó público máis novo, realizarán un dos seus divertidos contacontos que teñen como obxectivo a promoción da lectura, a creatividade e a comprensión oral en galego.

18.30 horas – Actuación de Isabel Risco A polifacética actriz galega presentará o espectáculo “Nabiza Girl” onde a poderemos ver en estado puro traballando o humor máis galego dende o clown cunha enerxía insuperable. Un espectáculo moi completo cunha posta en escea do máis teatral.

19.30 horas – Concerto de Flip Corale O grupo de rock pontevedrés será o encargado de encher e boa música a Praza da Ferraría para por broche á programación desta primeira edición de “Pasen e Lean”.

http://www.pontevedra.gal/2017/04/18/pasen-e-lean-proposta-de-pontevedra-no-dia-internacional-libro/

 

Día mundial do libro

O próximo 2 de abril celébrase o Día Mundial do Libro Infantil e Xunvenil e en Patakafrita celebrámolo o sábado 1 facendo un desconto do 10% en todas a vosas compras.
Tamén faremos dúas actividades máis:
1. Mañá xoves ás 18:00 (+6anos) faremos unha sesión de contos – concurso Andersen.
2. Sábado 1 ás 12:00 (+2anos) Sesión de Contos.

Cartel A3_DILI_2017_gl (1)hans_christian_andersen_digital_collection

Concurso Andersen Hoxe

hans_christian_andersen_digital_collection

Con ocasión do día Internacional do libro Infantil, a través da OEPLI e a súa sección galega GALIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil) organizamos o presente concurso Andersen Hoxe:
Tratase de imaxinar unha personaxe dun conto de Hans Christian Andersen e debuxalo, pare iso imos facer unha sesión onde contaremos un conto de Andersen e posteriormente cada neno fará un debuxo saido da súa imaxianción.

Bases:
1. Poden participar lectores e lectoras de Primaria ou primer ciclo de secundaria.
2. Facer un debuxo da personaxe tal e como o imaxina o participante. Valorase a orixinalidade.
3. Cubrir a ficha incluindo un breve texto.

Estáblecese un premio para cada unha das seguintes categorias:
Primeros lectores (1º,2º e 3º primaria)
Lectorado avanzado (4º,5º e 6º primaria )
Superlectores (1º e 2º secundaria)
O premio consistirá nun diploma e un lote de libros.
Seleccionaranse un máximo de 3 por categoria que serán enviados a GALIX. Onde  se dará veredicto por un xurado cualificador integrado por representantes de cada unha das seccións da OEPLI (Organización española para el libro infantil y juvenil).

Podedes consultar as bases na libraría.
É necesaria a inscripción previa a través do mail, teléfono ou facebook.

Máis “4tuercas”

A editorial Cuatro Tuercas continúa dándolle unha volta máis ós contos tradicionais ou os contos clásicos que todos coñecemos, normalmente, a traves dunha versión azucarada e bastante limitada encanto as posiblidades das, e dos, protagonistas.

Belén Guades e Pablo Macías, acompañados coas ilustracións de Nacho de Marcos, fan unha nova versión dos contos tradicionáis sen connotacións sexistas, sen violencia e sen desigualdades.

Si…é certo, o final o que temos é outro conto, pero tamén é unha oportunidade de contarlle as nosas fillas e fillos un conto onde as mulleres teñen máis opcións que esperar a que veña o principe a salvala, e os homes teñen máis opcións que ir rescatar a princesa dándolle un bico.

Varios dos títulos tamén os teñen editados en Galego.

Temos toda a colección na libraría!!! Precio 16,00 €. Recordade que facemos envios a onde queirades da peninsula ibérica.

 

0000cuatroturesas

Presentación Lidia F

images-1

 

Sábado 25/03/17  hora 12:30h

Presentación do libro “Aprender a comer solo”. Lidia Folgar. Ed. Almuzara
La nutricionista pediátrica Lidia Folgar nos presenta este manual donde hace una recopilación de las últimas evidencia científicas sobre la alimentación complementaria y en concreto sobre el planteamiento BaBy-Led Weaning.
Os esperamos.
Saludos
Laura
Tlf.:  886 204 981

Abejas

Hoxe preséntovos este libro informativo de gran formato. Como é fácil deducir fala de abellas: do tempo que levan na terra, da súa anatomía, dos tipos de abellas… doutros animáis polinizadores, as abellas na prehistoria, en Exipto, Roma, Grecia…a colmena, o traballo do apicultor, aquí e en Etiopía, en Asia, nas grandes cidades…
Un libro ben feito con información amplia e clara. Autor: Piotr Socha
 
Hoy os presento este libro informativo de gran formato. Como es fácil deducir habla de abejas: del tiempo que llevan en la tierra, de su anatomía, de los tipos de abejas…. de otros animales polinizadores, las abejas en la prehistoria, en Egipto, Roma, Grecia… la colmena, el trabajo del apicultor, aquí y en Etiopía, en Asia, en las grandes ciudades….
Un libro bien hecho con información amplia y clara. Autor: Piotr Soch
libros_portada-abejas

Baby-Led Weaning

Este manual está escrito por unha nutricionista pediátrica, Lidia Folgar, e trata sobre a alimentación completaria dende o enfoque Baby-Led Weaning (destete guiado polo bebé). Unha maneira natural e pausada(se o pensamos un pouco) de introducir ós bebés na inxesta de sólidos.

Este manual está escrito por una nutricionista pediátrica, Lidia Folgar, y trata sobre la alimentacion complementaria desde el enfoque Baby-Led Waning (destete guiado por el bebé). Una forma natural y pausada (si lo pensamos un poco) de introducir a los bebés en la ingesta de sólidos.

whatsapp-image-2017-02-14-at-13-31-47