Pasen e lean. Día do libro.

Este domingo, 23 de Abril, celébrase o día Internacional do Libro.

Para festexalo, a Concellería de Cultura do Concello de Pontevedra e 11 librarías da cidade, pasaremos o día na praza da Ferrería entre libros e actividades , para nenos e grandes.

6cd7ddd0bf3a590f82f367938469eda8

Abre ás 11  / Pecha ao mediodía/ volve a abrir ás 17

Programa de actividades

12.00 horas – Contacontos a cargo de Raquel Queizás Presentará “Cocorocó”, un espectáculo de narración oral no que se empregan obxectos, monicreques, debuxos e interación co público. “Cocorocó” é un berro de loita contra as inxustizas, que fai pensar, respectar e valorar a quen é diferente a nós para defender a diversidade. Este espectáculo é unha homenaxe ao libro “A Galiña Azul” de Carlos Casares.

13.00 horas – Sesión Vermú musical coa actuación da LiliCleta.

Un triciclo de 1966 reciclado e transformado nunha retro-discoteca-cine ambulante. Un escenario de imaxes e son a pedales, singular, chamativo, entrañable, ecolóxico e para todos os públicos.

17.30 horas – Contacontos a cargo de Polo Correo do Vento Este dúo pontevedrés especializado en actividades lúdicas dirixidas ó público máis novo, realizarán un dos seus divertidos contacontos que teñen como obxectivo a promoción da lectura, a creatividade e a comprensión oral en galego.

18.30 horas – Actuación de Isabel Risco A polifacética actriz galega presentará o espectáculo “Nabiza Girl” onde a poderemos ver en estado puro traballando o humor máis galego dende o clown cunha enerxía insuperable. Un espectáculo moi completo cunha posta en escea do máis teatral.

19.30 horas – Concerto de Flip Corale O grupo de rock pontevedrés será o encargado de encher e boa música a Praza da Ferraría para por broche á programación desta primeira edición de “Pasen e Lean”.

http://www.pontevedra.gal/2017/04/18/pasen-e-lean-proposta-de-pontevedra-no-dia-internacional-libro/

 

Advertisements

Deixa a túa opinión

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s